InicioSociedadePolicía Local e Nacional patrullan o centro de Lugo tras o aumento...

Policía Local e Nacional patrullan o centro de Lugo tras o aumento de altercados públicos

A Asociación Lugo Monumental pide máis patrullas a pé e di que o aumento dos altercados non só é algo do centro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local aumentou a súa presenza nas rúas do centro con patrullas a pé diarias, para cumprir así unha “función disuasoria” tras diversos incidentes rexistrados na zona vella da cidade. Así, este corpo municipal actuará coordinadamente coa Policía Nacional para evitar altercados. Segundo informaron fontes do Concello de Lugo, ademais mantense unha “estreita colaboración coa Policía Nacional para traballar conxuntamente en todas as actuacións en que se solicite a súa axuda”.

Tamén aclararon que o ocorrido o sábado en Campo Castelo, unha agresión e roubo a un menor, é “competencia da Policía Nacional“, cunha resposta “inmediata” na detención de catro mozos que agrediron a un menor de idade e que logo tiraron distintos obxectos desde un piso ocupado nesta zona.

“Os dous corpos traballan de forma coordinada tanto institucionalmente como entre os efectivos”, subliñaron por parte do Concello de Lugo.

Mentres, a Asociación Lugo Monumental que preside Luís Latorre, emprazou a que “a policía patrulle andando”, que haxa máis “patrullas na rúa” polo centro da cidade. “Vemos moitos coches de policía, ultimamente vemos máis e tamén vemos que aumentou a vixilancia pero botamos de menos máis patrullas a pé”, afirmou.

Latorre recoñeceu que “hai situacións preocupantes“, que se dan na zona vella da cidade amurallada e alude ao ocorrido en Campo Castelo que foi “moi notorio”.

Con todo, destacou que estas situacións “se dan en toda a cidade, non só pasa no centro histórico”. “E tampouco queremos dar a imaxe que o centro é un barrio marxinal“, indicou, para que non se “criminalice” o centro por estes casos. “Hai problemas puntuais como hai noutras zonas da cidade, non é só o centro histórico. Hai problemas por todas partes”, concluíu Latorre.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...