InicioSociedadeXa son 81 os falecidos por Covid en Lugo tras a morte...

Xa son 81 os falecidos por Covid en Lugo tras a morte este domingo de catro persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A morte dunha muller nas últimas horas, tamén vinculada á residencia DomusVi de Outeiro de Rei, elevou a 716 as vítimas mortais diagnosticadas con COVID-19 desde o inicio da pandemia. Delas, catro só este domingo, e todas da provincia de Lugo.

Fontes da Consellería de Sanidade informou na tarde deste domingo do falecemento desta muller, de 85 anos e con patoloxías previas, que permanecía ingresada con coronavirus no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Previamente este mesmo domingo, as autoridades sanitarias galegas notificaran as mortes doutras tres persoas en Lugo, das que dúas tamén estaban relacionadas co xeriátrico de Outeiro. En concreto, trátase dunha muller de 85 anos que estaba ingresada con COVID no HULA e outra de 88 que perdeu a vida no interior da residencia.

A maiores, sen ter ningún vínculo con ningún centro, perdeu a vida un home de 96 anos que permanecía hospitalizado no HULA. Cos catro decesos notificados por Sanidade este domingo –un menos que o sábado–, as vítimas que deixa a pandemia de COVID-19 na Comunidade galega ascenden a 716. Ademais, a área sanitaria lucense, que acapara todas as mortes da xornada, superou os 80 falecidos en centros hospitalarios e colocouse en 81.

95 FALECIDOS NA ‘NOVA NORMALIDADE’

Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 95, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus. Este mércores, Galicia superaba os 700 falecidos.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...