InicioSociedadeO falecemento dunha muller de 77 anos eleva a 697 as vítimas...

O falecemento dunha muller de 77 anos eleva a 697 as vítimas en Galicia

Segundo informa Sanidade, a falecida estaba igresada no Hospital Polusa e presentaba patoloxías previas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia ascenderon a 697, tras falecer nas últimas horas unha muller de 77 anos que fora diagnosticada con covid-19.

Segundo informa Sanidade, a falecida estaba igresada no Hospital Polusa e presentaba patoloxías previas.

É a única morte ligada coa pandemia que as autoridades sanitarias comunicaron este mércores.

78 FALECIDOS DESDE ‘NOVA NORMALIDADE’

Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 78, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

O maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...