InicioSociedadeO alcalde de Outeiro de Rei aposta por facer PCR a todas...

O alcalde de Outeiro de Rei aposta por facer PCR a todas as persoas “que entran e saen” da residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Outeiro de Rei, o popular José Pardo, apelou este mércores a que se fagan controis e probas PCR a aquelas persoas “que entran e saen” da residencia de maiores DomusVi Lugo, intervida pola Xunta tras o incremento de positivos por COVID-19 e que ten xa a máis de 130 dos seus usuarios contaxiados.

Sobre a posibilidade de que se faga un cribado entre a poboación, igual que se fixo no seu momento no Incio, o rexedor dixo que “son as autoridades sanitarias as que saben” e “os que teñen os coñecementos suficientes” para realizalo en caso de ser necesario. “Eu espero que actúen co máximo rigor posible, non sei si o consideran necesario ou non”, apostilou.

En todo caso, o alcalde considera que entre “o resto de poboación” do concello “apenas hai contaxios” e confiou en que ese brote “non salga da contorna da residencia”. Entre as medidas que cre que se deberían pór en marcha, apostou por “controlar” a aquelas persoas “que entran e saen da residencia, como poden ser “traballadores ou xente que poida ir aí con subministracións”, para evitar novos contaxios.

José Pardo non ocultou que os casos detectados no centro son “un tema preocupante”. “É un tema grave, a ver como evoluciona”, engadiu o rexedor.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...