InicioSociedadeDous novos falecidos en Lugo vinculados a residencias

Dous novos falecidos en Lugo vinculados a residencias

Unha era do centro do Incio e outra de DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas faleceron nas últimas horas no Hospital Lucus Augusti de Lugo (HULA) diagnosticadas con COVID-19, co que a cifra total de mortes desde que comezou a pandemia ascende a 661 en Galicia. Ambas as persoas procedían de residencias de maiores: unha situada no Incio e a outra en Outeiro de Rei.

En concreto, a Consellería de Sanidade informou do falecemento dunha muller de 89 anos e un home de 88. Ambos atopábanse hospitalizadas no Hospital Lucus Augusti. En ambos os casos presentaban patoloxías previas, sinalaron as mesmas fontes.

A falecida procedía da residencia do Incio, intervida pola Xunta e que rexistra un brote con máis dun centenar de afectados. Con este deceso, son xa 15 os mortos relacionados con este foco.

O home morto nas últimas horas con coronavirus é a primeira vítima do brote rexistrado no xeriátrico de Outeiro de Rei, onde se detectaron, segundo as últimas cifras ofrecidas por Sanidade, máis de 50 casos entre usuarios e traballadores.

As mortes con COVID-19 subiron nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contaxios na Comunidade galega. Desde a ‘nova normalidade’ notificáronse un total de 41 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...