InicioSociedadeIdentificados oito peregrinos que non comunicaron a súa chegada desde Barcelona tras...

Identificados oito peregrinos que non comunicaron a súa chegada desde Barcelona tras facer ruído nun albergue

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de nove peregrinos foron identificados pola Polícia Local na mañá deste venres despois de facer ruído nun albergue de Lugo e negarse a saír das súas habitacións.

Segundo informa a Policía Lugo, só un dos nove peregrinos comunicara a súa chegada a Galicia desde Barcelona, polo que os axentes puxeron en coñecemento da autoridade sanitaria esta situación por “se puidese constituír un incumprimento ás obrigas impostas pola Xunta con motivo da COVID-19”.

Ademais, reservaran tres habitacións neste albergue da rúa Pintor Corredoira para seis persoas cando en realidade se atopaban nove individuos nelas. Ante os requirimentos dos axentes, accederon a saír das habitacións e comprobouse que non informaran da súa chegada a Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...