InicioSociedadeOs contaxios da zona sanitaria de Lugo xa representan o 75% do...

Os contaxios da zona sanitaria de Lugo xa representan o 75% do total de Galicia

Hai unha persoa ingresada na UCI en Vigo, logo de un mes sen ningún caso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia aumentou en tres ata os 259 este venres, con seis novos positivos na área de Lugo, tres na Coruña, un en Ourense e outro na área de Pontevedra. En canto aos curados, ascenderon en 18, ata os 10.898 pacientes. De feito, cos datos actuais e tras o brote da Mariña, a provincia de Lugo concentra o 75% do total dos casos de Galici.

Así se reflicte nos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de positivos, sete permanecen en unidades de hospitalización -o mesmo número que este xoves- e 251, dous máis, están en seguimento domiciliario. Por primeira vez dende hai un mes, Galicia conta cun ingreso en UCI por covid-19. Trátase do home de 44 anos que viaxou en autobús desde Madrid e que este xoves ingresaba no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con coronavirus.

Segundo confirmaron fontes sanitarias, esta persoa está ingresada “sen síntomas atribuíbles a COVID” e a súa hospitalización “responde a outra patoloxía, da que evoluciona favorablemente”.

CASOS POR ÁREAS

Dos 259 casos positivos de Galicia, 196 corresponden á área de Lugo, unha proporción que xa supón o 75% do total. 16 foron rexistradas en Vigo –oito menos con respecto a este xoves–; 25 á da Coruña e Cee –tres máis–; 14 á de Santiago e Barbanza –os mesmos–; dous á de Ourense –un máis–; dous á de Ferrol –igual– e catro á de Pontevedra –sobe nun–.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai dous vinculados con residencias, segundo indica Sanidade, que corresponden a dous traballadores, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados.

Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 10.898 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...