InicioSociedadeO rebrote fai aumentar os ingresos por coronavirus en Lugo

O rebrote fai aumentar os ingresos por coronavirus en Lugo

Os casos activos relacionados co foco do norte da provincia sitúanse en 121.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O rebrote de coronavirus da Mariña medra agora a menor ritmo en canto a casos activos detectados (+3, con 121 diagnósticos), pero aumenta o número de persoas ingresadas con COVID-19.  A Consellería de Sanidade anunciou este martes que o brote xa sumaría 131 positivos, dos cales dez recibiron a alta e non aparecen xa contabilizados no reconto oficial do Sergas.

Malia que o progresivo incremento dos casos arrefriou tras varias xornadas con aumentos significativos, o número de ingresados con Covid-19 no Hospital Público da Mariña ascende a seis pacientes. O Sergas concreta que catro persoas con resultado positivo “e relacionadas co brote” están hospitalizadas en Burela, ademais doutras dúas sobre as que “se investiga” a súa vinculación co foco. Habería que sumar outro doente que permanece hospitalizado no HULA, en Lugo.

Segundo expuxo este martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tres municipios da Mariña –BurelaFoz e Xove-, dos catorce que compoñen a comarca, concentran 108 dos 121 casos activos polo brote de COVID-19. Os datos para a provincia sinalan que a área lucense ten 151 enfermos de coronavirus dos 256 que hai no conxunto galego.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...