InicioSociedadeO Goberno central aproba o proxecto de trazado da glorieta da N-VI...

O Goberno central aproba o proxecto de trazado da glorieta da N-VI en Outeiro de Rei

As obras, cun orzamento de 365.000 euros, transformarán unha intersección en T nunha rotonda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou o expediente de información pública e o proxecto de trazado da construción dunha glorieta na N-VI ao seu paso por Outeiro de Rei, en Lugo. As obras teñen un orzamento estimado de 365.472 euros.

A resolución, que se publicará no BOE proximamente, inclúe unha serie de prescricións como resultado das alegacións presentadas no procedemento de información pública e que deberán incluírse no proxecto de construción.

A glorieta instalarase no quilómetro 513,670 da N-VI, no termo municipal de Outeiro de Rei, onde un carril central de espera permite os xiros á esquerda desde a N-VI cara á estrada autonómica LU-115.

Esta intersección, apunta o Goberno, soporta un “intenso tráfico viario e peonil” debido á proximidade do acceso á autovía A-6, o polígono industrial de Outeiro de Rei e a presenza dunha serie de equipamentos e dotacións na contorna da intersección. Unha parte importante do tráfico da intersección realiza actualmente xiros á esquerda.

A actuación proxectada consiste na transformación en glorieta da actual intersección en T, mellorando a súa funcionalidade e seguridade viaria, permitindo axustar a velocidade media do tráfico ao seu paso pola travesía de Outeiro de Rei e dispondo ademais de novos cruces peonís seguros no tres accesos á glorieta. Como resultado da información pública, modificarase a localización do paso de peóns na LU-115 para evitar retencións na glorieta.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...