Home Sociedade O Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo carga contra o bono-regalo da Xunta

O Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo carga contra o bono-regalo da Xunta

0
O Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo carga contra o bono-regalo da Xunta
Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares / EFE

Os Colexios oficiais de Enfermaría da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, consideran “desacertado e inaceptable” o bono de 250 euros da Xunta para o persoal que estivo en primeira liña contra o coronavirus COVID-19, que cren unha “iniciativa populista e electoralista“.

A través dun comunicado de prensa conxunto, estas entidades colexiais mostraron o seu “malestar” ante a medida anunciada o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, consistente nun bono de 250 euros co que se “premiará” aos 20.000 sanitarios e traballadores sociais que estiveron na primeira liña de loita contra a pandemia do SARS-CoV-2.

“A precariedade laboral, a alta eventualidade e as reivindicacións dos sanitarios, non se poden ocultar detrás dun bono” porque “moitas enfermeiras/os e matronas buscan traballo noutras comunidades autónomas ou no estranxeiro, e iso non vai deixar de ocorrer porque a Xunta de Galicia convide a ir de vacacións”, sentencian.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here