InicioSociedadeUnha farmacia de Lugo aconsella á súa clientela non caer no "coronadrama"

Unha farmacia de Lugo aconsella á súa clientela non caer no “coronadrama”

Para iso achega recomendacións aos seus clientes sobre como actuar sen caer nunha alarma innecesaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha farmacia de Lugo aconsellou á súa clientela non caer no “coronadrama”. Para iso recorreu a un gráfico explicativo situado no seu propio escaparate que contén o que debe facerse e aquilo que non, en base ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) e ao sentido común.

No establecemento que rexenta Cristina Fente poden lerse mensaxes tales como que nos paquetes non viaxa o COVID-19 e que non hai que asperxerse con alcol nin con cloro, así como tampouco lavar as mans con lexía e reutilizar máscaras.

Pero xusto como estas unidades esgotáronse, recomendan que non as empreguen as persoas que non as necesitan e como suxestións básicas recollen esencialmente as de lavar as mans a miúdo e con solucións hidroalcohólicas e manter as distancias oportunas (un metro) e, sobre todo, a tranquilidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...