InicioSociedadeDous casos activos menos deixan a área de Lugo con 29 positivos

Dous casos activos menos deixan a área de Lugo con 29 positivos

As UCI galegas seguen sen pacientes de coronavirus. No día de onte, un falecemento en Vigo elevou as vítimas mortais da pandemia ata as 619.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo descenso no número total de casos activos deixa a provincia de Lugo con 29 positivos por coronavirus, dous menos ca os rexistrados no día de onte.

Segundo información facilitada por Sanidade, non hai cambios nos hospitais: só o HULA acolle un paciente con COVID-19 en planta. Outras 28 persoas están a ser atendidas nos seus domicilios.

Os datos oficiais refiren, así mesmo, 906 altas epidemiolóxicas na provincia e 28 falecementos relacionados coa pandemia.

GALICIA

Para o caso galego, o reconto deste xoves tamén evidencia un descenso no número de positivos: 465 (-11). As Unidades de Coidados Intensivos (UCI) seguen libres de pacientes de coronavirus, e as unidades de hospitalización atenden 11 persoas co virus.

Por outra banda, no día de onte volveuse producir un pasamento vinculado co coronavirus tras case unha semana sen mortes. Era un home de 83 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Desta maneira, Galicia lamenta 619 vítimas mortais. 

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...