InicioSociedadeUnha muller corría espida por Lugo a raíz de doenzas psíquicas agravadas...

Unha muller corría espida por Lugo a raíz de doenzas psíquicas agravadas polo confinamento

A Policía Local auxiliouna e facilitoulle abrigo antes de ser trasladada ao servizo de Urxencias do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron unha muller que na mañá deste martes corría espida pola cidade. Un familiar explicou que se atopa a tratamento psiquiátrico e que se desestabilizara “moito debido ao confinamento” motivado polo estado de alarma.

Así o informou a Policía Local, que indicou que foron axentes da Unidade de Atestados os que prestaron auxilio á muller que deambulaba espida pola Rolda das Fontiñas cara á Avenida de Madrid.

Ao observar a presenza policial, a muller “iniciou unha fuxida á carreira“, polo carril Entrerrúas pero foi alcanzada posteriormente polos axentes. Aínda que nun primeiro momento se “mostrou reticente á actuación policial”, axiña colaborou.

Acougárona e cubrírona cunha manta térmica no vehículo policial mentres a muller lles contaba que “ía na procura do seu amor”, que “era amiga de Deus” e que “era libre”. Estas declaracións e o episodio en si débense, segundo un familiar que acudiu ao lugar, á desestabilización que sufriu a muller por mor do confinamento.

Ata alí tamén se achegou unha dotación do Corpo Nacional de Policía cunha compoñente feminina, á que solicitou colaboración a Policía Local para que fose dita axente a que realizase o acompañamento da muller durante o seu traslado ao servizo de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...