InicioSociedadeCrónicas dende unha aldea do sur de Lugo para manter os vínculos...

Crónicas dende unha aldea do sur de Lugo para manter os vínculos cos emigrados

Roberto e Laura son dous rapaces que teñen como segunda residencia Casares, en Ribas de Sil. Ademais das ferramentas que empregan para coidar do lugar, empregan outras virtuais para dinamizar a contorna. Os seus escritos e iniciativas teñen moito éxito en Internet porque fan posible que os que están máis lonxe poidan estar ao día e non perdan o contacto con este recuncho da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Casares é unha aldea do concello de Ribas de Sil, a carón do río Bibei e lindando xa co Concello de Trives. Como outras tantas do interior de Galicia fóronse despoboando cos anos por mor da emigración, sendo Barcelona un dos destinos de moitos veciños. Este foi o caso da nai de Roberto Zuheros, un rapaz que nos conta o apego emocional que ten con Casares, lugar onde era inmensamente feliz cando viña cos seus pais -el andaluz, pero encantado- pasar as vacacións de verán.

Hai 23 anos, Roberto Zuheros coñeceu a Laura, a súa parella, en Barcelona. Estaba destinada por traballo en Badalona pero a súa intención era volver a Galicia tendo solicitado como destino Coruña, o seu lugar de orixe. As ganas de vivir en Galicia de Roberto e esta circunstancia fixeron doada a decisión de virse para aquí. O caso é que o destino de Laura foi Viveiro e para alí foi tamén Roberto, lugar onde viven actualmente.

A Laura encantoulle Casares dende o primeiro momento e as visitas á casa dos pais de Roberto foron indo a máis. Co tempo decidiron mercar algo propio e unha veciña vendeulles unha casiña que foron reformando estes anos ata convertela na súa segunda residencia. Para nós foi fundamental ter unha propiedade, o noso vínculo con Casares fíxose máis forte”, confesan.

AS REDES SOCIAIS COMO NEXO

A morriña de Roberto fixo que hai nove anos decidise crear un blog para contar as súas estancias en Casares deixando constancia escrita e gráfica delas e da interacción co resto “casareños/as emigrados/as”. A bitácora foi indo a máis ata converterse nunha publicación na que el e Laura informan das súas iniciativas -traballos comunitarios, petición de servizos, socialización cos veciños/as, etc-  e de todo canto acontece no lugar, servindo así de conexión coa aldea para os que están fóra.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...