InicioSociedadeLugo comeza xuño con 40 casos activos por coronavirus

Lugo comeza xuño con 40 casos activos por coronavirus

A área sanitaria mantén a súa tendencia á baixa ao restar un positivo. En Galicia, só dúas persoas permanecen na UCI por COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantén a tendencia á baixa nos casos activos por coronavirus. Os datos oficiais para hoxe, luns 1 de xuño, confirman 40 positivos na provincia, un menos ca no día de onte. Deles, só dous permanecen ingresados.

En concreto, hai un paciente na Unidade de Coidados Intensivos do HULA e outro que está hospitalizado en planta no mesmo centro. Os 38 casos restantes están a ser atendidos nos seus domicilios.

Non se rexistraron novas mortes dende hai case un mes e as altas documentadas ascenden ata as 881 na área lucense.

GALICIA

Para o conxunto galega, a Consellería de Sanidade informa de 722 casos (-10). Só dous permanecen na Uci, 32 están en unidades de hospitalización e 688 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.970 persoas curadas e producíronse 616 falecementos. O número de PCR realizadas é de 143.580.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...