InicioSociedadeO Concello asegura que aínda "non hai nada decidido" sobre o San...

O Concello asegura que aínda “non hai nada decidido” sobre o San Froilán deste ano

O Concello de Lugo di ser "consciente" de que a incidencia da pandemia "pode cambiar dunha semana a outra", pero asegurou que traballa en facer "un San Froilán diferente", que "se cadra non pode ser como o de anos anteriores".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo traballa nun San Froilán “diferente”, porque prefire unha celebración “máis pequena” ou “alternativa” dado que “os expertos auguran que pode haber un rebrote” da pandemia do coronavirus para o mes de outubro.

Así o trasladou a Europa Press a concelleira de Cultura da capital provincial, Maite Ferreiro, quen asegurou que a situación aínda é “moi difícil” como para tomar unha decisión. Pero de momento “non hai nada decidido”, insistiu.

Despois da cancelación do Arde Lucus, agora, as festas patronais do San Froilán no mes de outubro están, do mesmo xeito que o festival Caudal Fest de setembro, no aire.

Neste contexto, Ferreiro dixo que o Concello é “consciente” de que a incidencia da pandemia “pode cambiar dunha semana a outra”, pero asegurou que o seu departamento traballa en facer “un San Froilán diferente”, que “se cadra non pode ser como o de anos anteriores”, é dicir, con concertos masivos e unha gran afluencia de xente ás barracas ou ás casetas do polbo.

De todo modos, a concelleira de Cultura aclarou a Europa Press que “algo tentarán facer”, pero que de momento “non hai nada decidido”. Haberá que esperar un pouco máis para coñecer a decisión do Concello de Lugo, pero a edila nacionalista garantiu: “Estamos a traballar niso”.

No que primeiro pensan no Consistorio lucense é “na saúde da xente” e prefiren, segundo Ferreiro, que “sexa un San Froilán máis pequeno, alternativo”. E é que, ante o rebrote que auguran os expertos, o primeiro debe ser “centrarnos en coidarnos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...