InicioSociedadeDetido en Lugo un home que ofrecía diñeiro a menores a cambio...

Detido en Lugo un home que ofrecía diñeiro a menores a cambio de actos sexuais

Dúas persoas particulares chamaron á Comisaría Provincial para relatar os feitos, ocorridos entre a rúa Quiroga e a rúa Ourense. O home foi arrestado por un delito de indución de menores á prostitución e por incumprir o confinamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron na tarde deste mércores un lucense de 48 anos, con antecedentes, por un delito de indución a menores á prostitución. O home, que estaba na rúa e incumpría o estado de alarma, ofrecíalles diñeiro a rapaces e rapazas a cambio de favores sexuais.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos tiveron lugar sobre as 17:00 horas deste mércores na confluencia das rúas Ourense e Quiroga. Alí se dirixiron os axentes tras recibir varias chamadas na Sala do 091 da Comisaría Provincial para alertar do ocorrido.

DÚAS CHAMADAS DE ALERTA

Un dos empregados dun comercio da zona trasladou —vía telefónica— os feitos que lle acababa de contar unha clienta. Esta manifestara que un home que estaba sentado nun banco próximo ofrecera diñeiro á súa filla por favores de índole sexual. Os axentes puxéronse en contacto con esta muller, que ratificou o relatado polo alertante.

Ademais, a Policía recibiu outra chamada, na cal unha muller comunicaba feitos similares: un home que estaba sentado nun parque próximo a súa casa, na mesma zona de antes, acababa de ofrecerlle cartos ao seu fillo á vez que realizaba “actos obscenos”. Ante as advertencias da nai do menor dende a xanela do seu domicilio, o home desistiu da súa actitude.

Por todo isto, desprazáronse ao lugar dotacións policiais de Radiopatrullas, que se entrevistaron cos requirentes. Estes ratificaron o manifestado con anterioridade, á vez que describiron as características do home e a súa localización.

INCUMPRÍA O ESTADO DE ALARMA PARA “COMER”

O individuo foi localizado e interceptado “de inmediato”, segundo destacou a Policía, nun dos bancos públicos que hai no parque. Ao preguntárenlle polo motivo de estar na vía pública en pleno estado de alarma, o home alegou que estaba “a comer”. 

Vistas as manifestacións das testemuñas e dos prexudicados, a Policía procedeu á detención desta persoa por un delito de indución á prostitución de menores. Foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional para instruír o atestado, que será remitido á autoridade xudicial ao longo deste xoves, xunto co detido.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...