InicioSociedadeDetido por agredir sexualmente a unha muller no pavillón habilitado en Lugo...

Detido por agredir sexualmente a unha muller no pavillón habilitado en Lugo para as persoas sen fogar

Agresor e vítima convivían neste espazo durante o estado de alarma. A muller puxo os feitos en coñecemento dos membros da Cruz Vermella ao ver que a actitude de acoso do home non remitía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home de 64 anos por un delito de agresión sexual e acoso. O home e a vítima residen no Pavillón Municipal habilitado para as persoas ‘sen teito’ durante o estado de alarma pola crise da COVID-19.

Segundo relatou a Policía Nacional, na tarde deste martes recibiuse unha chamada na sala do 091 da Comisaría da Policía Nacional de Lugo para avisar de que unha muller que reside no albergue habilitado fora acosada por outro usuario deste servizo municipal.

Funcionarios de Radiopatrullas verificaron os feitos narrados pola vítima, que supostamente “sufrira tocamentos por parte do agresor nas súas partes eróxenas”, pero nun principio non quixera dicir nada aos membros da Cruz Vermella. Con todo, “como o agresor continuaba acosándoa con propostas e actos de tipo sexual”, a muller decidiu poñelo en coñecemento dos responsables.

Deste xeito, foron membros da Cruz Vermella quen requiriron a presenza policial, que levou á detención do home e ao seu traslado a dependencias policiais para tramitar o atestado. Este remitirase este mércores á autoridade xudicial, a cuxa disposición será posto o detido.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...