InicioSociedadeCinco positivos ou posibles contaxios entre os traballadores de Correos en Lugo

Cinco positivos ou posibles contaxios entre os traballadores de Correos en Lugo

Sindicatos denuncian a "ausencia de medios de prevención durante máis de vinte días".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de cinco traballadores do persoal de Correos en Galicia permanecen en corentena por dar positivo por coronavirus, segundo os datos facilitados por UXT e CC OO, aos que hai que sumar outros 38 posibles contaxios. Do total de 43 afectados ou posibles positivos, cinco son da provincia de Lugo, outros cinco de Ourense, 13 de Pontevedra e os 21 restantes son da Coruña.

Para os sindicatos, estas cifras “son o reflexo dos incumprimentos dos protocolos sanitarios e das medidas de seguridade“. Así, destacaron a “ausencia de medios” de prevención durante máis de 20 días para os traballadores en lugares como Trives e A Rúa, en Ourense; Ferrol, Vigo, A Coruña, Arteixo ou Lugo, entre outros.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...