InicioSociedadeSó oito pacientes de coronavirus permanecen ingresados nas UCI de Lugo

Só oito pacientes de coronavirus permanecen ingresados nas UCI de Lugo

Sanidade informa de 591 positivos na provincia, un menos ca na xornada anterior. Unha nova vítima mortal na Mariña sobe o número de falecidos ata os 23.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistra este venres un total de 591 casos activos por coronavirus, un menos ca na xornada de onte, segundo datos da Consellería de Sanidade. Esta lixeira baixada vén acompañada tamén da diminución do número de pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), con só oito persoas nestas instalacións.

O Hospital Universitario Lucus Augusti deulle a alta a outro doente que estaba na UCI, polo que agora só quedan seis neste servizo, aos que hai que sumarlle outros dous na UCI do Hospital Público da Mariña.

Por outra banda, tamén descende a presión nas plantas de hospitalización, con 36 persoas ingresadas (-2), ningunha delas en Monforte, cuxo hospital segue sen ningún caso de COVID-19 por terceiro día consecutivo. O resto de positivos, 547, están a ser atendidos nos seus domicilios.

UN NOVO FALECEMENTO

Segundo os datos oficiais da Xunta, en Lugo faleceron ata o día de hoxe 23 persoas a causa da pandemia do coronavirus. A última, este venres, foi un varón de 68 anos no Hospital Público da Mariña.

GALICIA

Para o conxunto galego, Sanidade informa dun total de 6.142 positivos, con 1.456 altas de pacientes e 415 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...