InicioSociedadeVolven baixar os casos activos por coronavirus en Lugo, con menos persoas...

Volven baixar os casos activos por coronavirus en Lugo, con menos persoas hospitalizadas

Neste xoves 9 de abril, Sanidade contabiliza 563 positivos, tres menos ca no día de onte. Mingua tamén o número de persoas ingresadas na UCI, mentres que a cifra de altas se incrementou en 9 nas últimas horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo é de 563 persoas, tres menos ca as rexistradas o pasado mércores. Esta nova baixada na cifra de positivos coincide tamén cun descenso no número de persoas ingresadas, tanto en Unidades de Coidados Intensivos como hospitalizadas en planta.

Segundo datos da Consellería de Sanidade, hai 13 pacientes nas UCI da provincia (dous menos ca onte) e 52 en hospitalización (-3). Por outro lado, só se rexistraron dous novos doentes en atención a domicilio, para un total de 498.

As altas tamén continúan a un ritmo favorable, ao sumarse 9 nas últimas horas. Así, xa se contabilizan 81 pacientes recuperados. Pola súa parte, o número de falecementos mantense en 17 despois de que na tarde de onte se soubera do pasamento dun varón de 92 anos que permanecía ingresado na UCI.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...