InicioSociedadeLugo rexistra dúas novas mortes pero non suma ningún contaxio novo

Lugo rexistra dúas novas mortes pero non suma ningún contaxio novo

Trátase dun varón de 92 anos e unha muller de 86, que elevan o número de falecidos na provincia a 14. Mentres, a cifra total de positivos ascende a 555 , o que supón tres pacientes menos ca os rexistrados onte. De todos modos, nesa redución hai que ter en conta eses dous falecementos e o actual contexto de fin de semana, algo que pode implicar un retraso no diagnóstico de novos enfermos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo arrinca este domingo coa primeira baixada no número de casos activos na provincia: 555 positivos, tres menos ca os confirmados na xornada do sábado. De todas maneiras, e aínda que a tendencia é favorable, estas cifras deben ser entendidas nun contexto de fin de semana, que podería retrasar as notificacións dos casos. Ademais, nesta actualización do rexistro xa non se contabilizan as dúas persoas que morreron nas últimas horas no HULA: un varón de 92 anos e unha muller de 86.

Segundo datos do Sergas, deses 557 doentes, 14 permanecen na UCI (+1 dende onte): dez na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Lucus Augusti (HULA) e os outros catro no Hospital Público da Mariña. Así mesmo, 84 persoas están hospitalizadas (-3 respecto de onte) e 459 nos seus domicilios (-1).

Ademais, a área sanitaria deu 39 altas, catro máis ca as que se deran ata este sábado. O número de pacientes falecidos elévase a 14, tras sumar dous pacientes finados no HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...