InicioSociedadeAs redes sociais fanse eco das "evidencias irrefutables" a favor do 'terrachaísmo'

As redes sociais fanse eco das “evidencias irrefutables” a favor do ‘terrachaísmo’

A canle de divulgación científica O Son das Ideas publicou un vídeo para defender a súa postura sobre esta teoría: "Non hai máis que se achegar ao Castro de Viladonga para sucumbir ao terrachaísmo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vello debate científico sobre a superficie da Terra semellaba superado, pero volve á orde do día con novas “evidencias irrefutables” a favor do ‘terrachaísmo’. “De Begonte ata Muras, de Guitiriz á Pastoriza, a Terra Chá brilla incontestable. Non hai máis ca se achegar ao Castro de Viladonga para sucumbir ao terrachaísmo”. É a teoría que defende O Son das Ideas, unha canle de Youtube de divulgación científica en galego.

Velaí o vídeo que circula polas redes sociais. Claro que hoxe é primeiro de abril…

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...