InicioSociedadeA Galicia que emigra no século XXI: mellor preparada e sen posibilidades...

A Galicia que emigra no século XXI: mellor preparada e sen posibilidades de retorno

Os emigrantes representan xa case o 20% do censo electoral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos do INE falan de case 14.000 persoas que marcharon en 2018. A xente nova e mellor preparada é a que escolle emigrar por falta de oportunidades e un mercado laboral precario.

As cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), que este venres publicou o censo electoral son ben elocuentes a este respecto. Á caída do número de persoas con dereito a voto en toda Galicia (1.961 menos que en 2016), hai que sumarlle o feito de que o Censo de Residentes Ausentes (CERA) creceu en 16.174 persoas e son o 17,1 por cento dos chamados ás urnas na Comunidade galega o 5 de abril.

A emigración segue deixando unha fonda pegada tanto no campo demográfico como en desenvolvemento científico e social. Así o ven algunhas voces que negan a efectividade das políticas de retorno da Xunta de Galicia e remarcan que as axudas a emigrantes retornados tampouco son efectivas. A isto engádeselle que a volta máis numerosa son galegos de primeira e segunda xeración, a maioría deles de lugares onde as condicións de vida empeoraron nos últimos anos. Toda a información en Galicia Confidencial.

 

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...