InicioSociedadeCasa Macán confía en que Sanidade permita retomar a produción nas próximas...

Casa Macán confía en que Sanidade permita retomar a produción nas próximas horas

O dono da empresa séntese "sorprendido" por todo o "show" da alerta sanitaria e admite estar preocupado polos prexuízos que iso ocasionará na imaxe de Casa Macán. O presidente da Xunta, pola súa parte, lembra que se poden acoller ao dereito de alegar. O "obxectivo fundamental" é "protexer a calidade dos produtos galegos", sostivo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa Lácteos Casa Macán confía en que as autoridades sanitarias dean a súa autorización para retomar a produción na fábrica de Tabaoda, cuxa actividade foi suspendida cautelarmente por “incumprimentos de limpeza”.

O propietario de Casa Macán, Eladio Rigueira, confesou sentirse “sorprendido” por todo “o show que se montou” arredor da súa empresa como consecuencia da alerta sanitaria decretada no día de onte. Rigueira estrañouse de que as autoridades ordenaran a retirada de todos os produtos desta compañía, pois “non hai ningún contaminado”.

Agora ben, admitiu que “é certo que a fábrica tivo que estar parada dous días”, pero reduciu a situación a un “problema de etiquetaxe” e a “unha serie de deficiencias estruturais”.

“Non entendo que se forme todo este alboroto, e máis cando esperamos que hoxe mesmo nos dean a autorización para renovar a produción”, insistiu. En todo caso, recoñeceu que a empresa quedou seriamente danada por esta situación e a súa imaxe de marca “moi deteriorada”. “Non creo que sexamos capaces de coller outra vez impulso. Agora que lle contamos á xente e aos traballadores? É o que hai”, lamentouse o empresario.

VALORACIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA

Ante esta situación, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu a utilidade, “independencia” e “rigor” das inspeccións para “protexer aos consumidores”. Confesou non coñecer o expediente concreto, así como o “alcance e contido” das irregularidades atribuídas á empresa, pero sinalou que a compañía se pode acoller ao dereito de presentar unha alegación.

O “obxectivo fundamental” é “protexer a calidade dos produtos galegos”, afirmou. “Ás veces, as inspeccións poden dar algún desgusto a medio ou curto prazo, pero teñen máis vantaxes que inconvenientes”, defendeu.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...