Home Lugo e contorna Lugo Detido por agredir sexualmente unha muller á que coñeceu mentres estaba de copas polo centro de Lugo

Detido por agredir sexualmente unha muller á que coñeceu mentres estaba de copas polo centro de Lugo

0
Detido por agredir sexualmente unha muller á que coñeceu mentres estaba de copas polo centro de Lugo
Manifestación contra a violencia machista | AXM

Un home de corenta e cinco anos foi detido este fin de semana en Lugo como autor dun delito de agresión sexual.

Segundo información da Policía Nacional, os feitos ocorreron na zona de lecer do centro da cidade, onde a vítima coñeceu o agora detido. Unha e outro “compartiron conversa e consumicións” e mesmo saíron xuntos dun dos locais nos que estiveran. Nese momento, o home comezou a tocala sen o seu consentimento.

Así pois, a agredida solicitou axuda desde o 112 e trasladouse aviso á Policía Nacional a través do 091. Varios axentes de Radiopatrullas achegáronse ao lugar para comprobar os feitos, que foron corroborados por dúas testemuñas.

Segundo fontes policiais, estas testemuñas puideron identificar o autor da agresión no interior dun dos locais de copas, polo que os axentes procederon á súa detención e traslado a dependencias policiais. Espérase que o detido pase a disposición xudicial no día de hoxe.

Pola súa parte, a vítima foi asistida polos servizos sanitarios segundo o protocolo previsto nestes casos.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here