Aínda que o mundo siga xirando, aínda que a súa contorna vaia cambiando, elas sempre prevalecen, alí, ao pé da súa vivenda, esperando por aquel que pare en busca dunha atención cálida e dun produto de calidade. Son mulleres que levan toda unha vida ao coidado das súas casas e da súa horta. Cada mañá, preparan un postiño de madeira con mel e grelos que acaban de recoller e colócanse diante da casa, ao carón da estrada.
VÍDEO | A ‘ruta do grelo’ : mulleres que venden feixes de verdura ao pé das estradas
Coches e camións detéñense na beira da vía cando ven algún posto de hortalizas. "Quería unha brazada de cimos. A canto van?" Co acougo que dan os anos, estas mulleres persisten nun labor que vai moito máis alá daquilo que ofrecen: elas tecen relacións duradeiras e dotan de identidade os lugares.
PUBLICADA O
- Advertisement -