Home Ancares Navia de Suarna Extinguido o incendio de Navia de Suarna que queimou 31 hectáreas

Extinguido o incendio de Navia de Suarna que queimou 31 hectáreas

0
Extinguido o incendio de Navia de Suarna que queimou 31 hectáreas
Arquivo - Bombeiro traballa nas tarefas de extinción do incendio forestal de Ribas de Sil, a 12 de xullo de 2026, en Ribas de Sil, Lugo, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Navia de Suarna, parroquia de Cabanela, quedou extinguido ás 20,06 horas de hoxe.

O incendio iniciouse ás 19,23 horas do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de 30,99 hectáreas, das cales 30,5 se corresponden con monte raso e 0,49 de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en total 4 técnicos, 19 axentes, 35 brigadas, 28 motobombas, 2 pas, 3 avións e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here