InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo presenta a programación de teatro, maxia e danza...

O Concello de Lugo presenta a programación de teatro, maxia e danza para este trimestre

A proposta combina espectáculos para público familiar e adulto, con propostas que abranguen o teatro xestual, a comedia, a maxia e a danza contemporánea

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo presenta a programación de teatro, maxia e danza para os últimos meses do ano, que inclúe nove funcións no Auditorio Municipal Gustavo Freire entre outubro e decembro. A proposta combina espectáculos para público familiar e adulto, con propostas que abranguen o teatro xestual, a comedia, a maxia e a danza contemporánea.

A primeira cita será este domingo, 18 de outubro, ás 18:30 horas, coa representación de «Coralinda», da compañía Elefante Elegante. Recomendada para nenos e nenas a partir dos tres anos e cunha duración de 45 minutos, esta comedia xestual aborda cuestións como a solidariedade, o racismo e o medo ao diferente a través dunha linguaxe visual e poética.

Tras «Coralinda», o calendario para o público familiar continuará o 25 de outubro con «A viaxe do Señor López», de Señor López Producións; o 1 de novembro con «2 ilusionistas cunhas maxias subversivas», de Maga Fani e Martín Camiña; o 8 de novembro con «Teatro dos Vieiros», de Xoán Curiel e Charo Pita; e o 22 de novembro con «Únicos», de Da-te danza, recoñecido co premio FETEN 2026 ao mellor espectáculo de danza. Todas as funcións familiares están programadas para as 18:30 horas.

Pola súa banda, as propostas de teatro para público adulto son «O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger», de Tarabela Creativa, prevista para o 22 de outubro ás 20:30 horas; «O sangue das promesas de Sarabela (5 de novembro): «Crónica do rei pasmado» de Contraproducións  (19 de novembro), «Black Box, unha saga épica» de Hugo Torres (3 de decembro).

Tamén está previsto para o 13 de novembro un espectáculo de danza que se titulado “Transparentar” da compañía Enésima.

As entradas teñen un prezo de 5 euros para os espectáculos de público adulto e para a función de danza, e de 3 euros para as funcións familiares. Ademais, a programación contempla un desconto do 30 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á AAAG.

As entradas poden adquirirse a través do portal entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata tres horas antes do comezo de cada función. Tamén estarán dispoñibles no propio auditorio o día do espectáculo, desde unha hora e media antes do inicio.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...