InicioSociedadeO cupón do Once homenaxea a Feira do Capón de Vilalba

O cupón do Once homenaxea a Feira do Capón de Vilalba

O Once homenaxeará este sábado, día 21, a través do seu cupón, á Feira do Capón de Vilalba (Lugo), que terá lugar o domingo. Así, a imaxe desta feira estará en cinco millóns e medio de cupóns que se repartiron por toda España.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Once homenaxeará este sábado, día 21, a través do seu cupón, a Feira do Capón de Vilalba, que terá lugar o domingo. Así, a imaxe desta feira estará en cinco millóns e medio de cupóns que se repartiron por toda España.

A Once apoia así unha cita anual que ten unha “tradición antiquísima”, lembrou a entidade, precisando que as referencias á Feira do Capón na capital chairega remóntanse case dous séculos.

A Asociación de Criadores de Capón de Vilalba recoñece que este ano 2019 ten censados a máis de 50 produtores que crían ao redor de 1.600 exemplares, aínda que só sairán á poxa unha parte deles. A carpa da feira abrirase ao público o domingo día 22 ás 10,30 horas na Praza da Constitución.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...