InicioSociedadeAsi son os primeiros pasos elevados no entorno dos centros escolares de...

Asi son os primeiros pasos elevados no entorno dos centros escolares de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Mobilidade e Infraestruturas do concello de Lugo puxo en marcha un Plan de Seguridade Vial no entorno dos centros escolares. O primeiro está sendo xa instalado nas rúas Montirón e Ramón Ferreiro co obxectivo de “calmar o tráfico das zonas escolares”.

“Traballamos para complementar as medidas que xa se están implantando dende a propia Dirección Xeral de Tráfico, que van encamiñadas a cidades con tráficos calmados e cun menor número de vehículos circulando”, indicou o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo.

O obxectivo é colocar estes pasos de peóns elevados no entorno de todos os centros escolares, nas rúas Galicia, Marina Española, Roi Xordo, Alexandre Bóveda, Ángelo Colocci, Alfredo Brañas, Serra de Outes e Avenida de Madrid. Esta actuación enmarcase do plan de repintado xeral da sinalización viaria horizontal que se acometerán en toda a cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...