InicioSociedadePilar de Lara seguirá no xulgado de Lugo ata "polo menos" xaneiro

Pilar de Lara seguirá no xulgado de Lugo ata “polo menos” xaneiro

A xuíza foi premiada este fin de semana en Sevilla no marco do II Congreso sobre os Dereitos dos Animais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, permanecerá á fronte do mesmo, a pesar da sanción imposta polo pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) de sete meses e un día que supón perda de destino, ata “polo menos” o mes de “xaneiro”.

Así o manifestou o avogado da xuíza, Agustín Azparren, quen confirmou que aínda non se lle notificaron a sanción, que foi ratificada en pleno polo órgano de goberno dos xuíces o pasado 26 de setembro.

A única noticia é a que tivemos pola prensa o día do pleno e aínda non se notificou a resolución. Normalmente faise un acordo no pleno e despois hai que redactalo e tarda uns días, pero non teño nin idea do que se pode tardar. A partir da notificación empeza a correr o prazo de dous meses para presentar recurso ante o Tribunal Supremo”, explicou.

Pilar de Lara, asegurou o seu avogado, aínda disporía, desde que se lle comunique formalmente a sanción, de dous meses, “que é o prazo máximo”, para preparar “o recurso” ante o Tribunal Supremo.

Azparren avanzou que “cando se anuncia a interposición do recurso tamén se vai a solicitar a suspensión da execución da sanción”. “Iso adoita tardar sobre un mes para ver se se suspende a execución ou non”, comentou. “Se se fai executiva a suspensión, case polas datas nas que estamos estariamos a falar de primeiros de xaneiro” de 2020, apuntou o letrado en relación a cando empezaría a aplicarse a sanción.

RECURSO

En canto ao recurso ante o Tribunal Supremo, sinalou que se exporán practicamente os mesmos argumentos que se fixo con anterioridade para paralizar a sanción por dilación nas macrocausas que instrúe a xuíza, como a ‘Pokémon’. “Houbo moitos escritos, as razóns fundamentais sobre desatención non encaixa dentro deste tipo disciplinario. Tamén exporemos outros motivos”, dixo.

A xuíza Pilar de Lara foi premiada este fin de semana en Sevilla no marco do II Congreso sobre os Dereitos dos Animais, un premio concedido “polo seu papel pioneiro na defensa dos animais”. Dito premio foi denominado ‘Excalibur’ en homenaxe ao can sacrificado en 2014 en Madrid como sospeitoso de estar infectado polo virus ébola do mesmo xeito que a súa dona, a sanitaria con orixes en Becerreá (Lugo) Teresa Romero.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta...