InicioPolítica29N-Besteiro pide o voto en Lugo para que o PSdeG recupere o...

29N-Besteiro pide o voto en Lugo para que o PSdeG recupere o segundo deputado provincial

O secretario xeral do PSdeG estivo presente na comida coa que o PSOE lucense pecha cada ano o San Froilán que rexistrou esta vez a maior participación da súa historia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou a súa presenza na tradicional pulpada que celebran os socialistas en Lugo para pedirlle ao electorado que se “implique” coas eleccións xerais do 29 de novembro e volver optar ao segundo deputado pola provincia.

A comida coa que o PSOE lucense pecha cada ano o San Froilán rexistrou esta vez a maior participación da súa historia, segundo o partido, “con militantes e simpatizantes chegados de toda a provincia”. Este foi o primeiro acto de Besteiro en Lugo durante a precampaña e, por tanto, “o punto de partida da mobilización socialista” neste territorio.

En declaracións aos medios previas, a súa mensaxe centrouse en pedirlle aos “votantes progresistas” que concentren o seu apoio na candidatura que encabeza Patricia Otero para o Congreso, e a de César Mogo, no Senado. Considera que Lugo é “clave” nesta carreira electoral ao volver ver ao alcance o segundo escano na circunscrición, que xa obtiveron en 2019.

“Fai catro anos, o Partido Socialista quedou a só 3.000 votos de conseguir ese segundo deputado. Esa é a nosa marca que queremos instalar o próximo 29 de novembro”, fixou. Dirixíndose a quen queiran “manter e seguir impulsando” o modelo de “ampliar e construír dereitos” que promulga o seu partido –nas súas palabras–, “a papeleta ten que ser a do PSOE”, dixo.

Falando cara a estas mesmas persoas, advertiu que “outras opcións non van poder chegar”, aínda que “si que poden dar o impulso que necesita a candidatura socialista”. Para apoiarse, remitiuse aos datos do 2023: “Triplicamos en votos ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e multiplicamos por seis os votos que tivo Sumar na papeleta do Congreso”.

CRÍTICAS Á “MOTOSERRA” DE FEIJÓO

Besteiro tamén dirixiu boa parte da súa intervención contra o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo. Rescatando a intervención do popular en Vigo, respondeulle apelando á “memoria”: “Sabemos perfectamente o que fixo aquí mentres gobernou”. Reprochoulle “non preocuparse” de construír vivenda pública nos seus anos á fronte da Xunta e enmarcou a súa nova promesa dun millón de vivendas nunha “carreira aloucada, absolutamente inconsciente”.

Ademais, o socialista presentou o 29N como unha elección entre dous modelos. Ao seu xuízo, o do PP “é o modelo da motosierra, que vai actuar sobre as pensións, sobre os salarios dos traballadores, ese recorte permanente de dereitos”. Fronte a el, situou o dos socialistas, “un modelo de ampliar e de construír novos dereitos”, no que a vivenda pasará a ser “un novo alicerce do estado do benestar”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...