InicioSociedadeA Xunta presume nos Ancares das axudas da Xunta ao rural

A Xunta presume nos Ancares das axudas da Xunta ao rural

O Goberno Galego e o Concello Cervantes rehabilitan a antiga escola de Donís para uso veciñal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Politica Social, Fabiola García, visitaron este luns o Concello de Cervantes, en Lugo, onde o Goberno galego e o municipal colaborarán para a rehabilitación da antiga escola unitaria de Donís.

Durante a visita, Alfonso Rueda explicou que esta actuación é froito da colaboración entre varios departamentos e varias administracións co obxectivo de aproveitar unha instalación en desuso desde fai case dez anos para “reconvertela e darlle un novo” uso para todos os veciños.

Así, destacou que é grazas ás empresas eólicas que se pode facer isto debido ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental. Nesta axudas enmarcou o converter a escola nun novo espazo rehabilitado con actividades especialmente dirixidas á mocidade e vinculadas ao medio ambiente, ao lecer e ao tempo libre e á natureza.

“Este fondo, posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 a partir do canon eólico, beneficia aos pequenos concellos e aos seus veciños para que poidan levar a cabo actuacións relacionadas con medio ambiente e co reequilibrio territorial”, dixo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...