InicioMedioambiente e PatrimonioO PP pide que o Goberno estatal deseñe unha estratexia para frear...

O PP pide que o Goberno estatal deseñe unha estratexia para frear o impacto do xabaril

Propoñen medidas transversais a todo o país, coordinadas polos Ministerios de Agricultura e Transición Ecolóxica, e coa colaboración das administracións autonómicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Provincial do PP instará á Deputación a que o Goberno central deseñe unha estratexia conxunta entre administracións para frear o impacto do xabaril na provincia. Será a través da moción que os populares levarán ao Pleno deste mes, co fin de que se acade unha solución que minimice os danos causados pola proliferación destes animais en Galicia e, concretamente, en Lugo.

Aínda que xa se puxeron en marcha plans para controlar os riscos derivados da presenza destes porcos bravos na cidade —como os arqueiros para abatelos de noite—, o PP coida que non é suficiente. Por iso, consideran “prioritaria” a adopción de medidas transversais a todo o país, coordinadas polos Ministerios de Agricultura e Transición Ecolóxica, coa colaboración directa de todas as comunidades autónomas.

E é que os populares ven un grave problema na “excesiva” poboación de xabaril en Lugo, que medrou exponencialmente nos últimos anos e supuxo consecuencias negativas nas explotacións. “Convertéronse nunha lacra que lastra os ingresos de gandeiros e agricultores“, din. Sinalan que os danos non só visibles no agro, senón que os xabarís tamén producen accidentes de tráfico, por exemplo. De feito, mesmo chegaron a introducirse nas inmediacións da cidade de Lugo, ao pé da Muralla Romana.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...