InicioMedioambiente e PatrimonioArqueiros profesionais abaterán os xabarís na contorna de Lugo

Arqueiros profesionais abaterán os xabarís na contorna de Lugo

A Xunta de Galicia ultima un protocolo que, ademais de gaiolas en lugares de paso, situará arqueiros no entorno periurbano para acabar cos xabarís

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, informou este martes da aprobación do “primeiro protocolo” implantado na comunidade autónoma para tentar controlar a poboación de xabarís no entorno periurbano. O acordo, ratificado no transcurso da comisión na que participan a administración galega e o Concello de Lugo, inclúe a realización de esperas nocturnas con arqueiros profesionais.

A preguntas dos xornalistas, Balseiro gabou a redacción e posta en marcha do protocolo, deseñado en colaboración con todas as entidades presentes na comisión: a Xunta, o Concello, FFCCSE, sindicatos agrarios, cazadores e expertos do eido universitario. Ademais da colocación de gaiolas trampa nos lugares de paso dos xabarís, arqueiros profesionais emboscarán pola noite os exemplares que traspasen a zona periurbana, onde as armas de fogo están prohibidas.

O delegado territorial precisou que a ubicación das esperas nocturas será manexado coa “máxima discreción”. De difundirse a localización, a presencia de curiosos en combinación do fino olfato do xabaril podería desbaratar o plan.

Balseiro confía en seguir contando “coa colaboración do Concello de Lugo” malia que neste intre “só se completou o 30 por cento dos desbroces” indicados polos técnicos da Xunta, polo que os xabarís seguen a contar con lugares nos que encamar na contorna da cidade. “É un problema que afecta a todas as administración e é precisa a colaboración de todos. É un problema excepcional, por iso aprobamos un protocolo excepcional, o primeiro en Galicia”.

O Concello identifica as zonas de Lugo con máis accidentes polo xabaril

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...