InicioSociedadeA Protectora de Lugo, ao borde do colapso tras a chegada de...

A Protectora de Lugo, ao borde do colapso tras a chegada de 17 cans en só dous días

Instan á "responsabilidade" cidadá para castrar os animais e evitar casos coma o dos doce cadeliños que apareceron estes días. Buscan casas de acollida ou persoas que poidan adoptar algún animal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Protectora de Lugo atópase desbordada tras a chegada de 17 cans en dous días. Ningún dos animais novos que chegaron tiña microchip e unha cadela apareceu con 12 cadeliños, segundo informou a entidade.

Respecto diso, a secretaria da Protectora, María Ángeles Valero, explicou que resulta “moi difícil” poder identificar os donos dos cans “e tamén atopar fogar para cada un deles”. É por iso que pide “responsabilidade” aos cidadáns para que castren as súas mascotas, pero tamén se dirixe ás administracións, que “non se están facendo cargo dos animais abandonados”.

Na Lei de Benestar e Protección Animal especifícase que os cans teñen que estar identificados e con chip e mesmo hai multas grandes para os donos que non o fan, pero isto non se cumpre e os concellos non fan nada. Ademais, nin a Policía nin o Seprona inspeccionan ou sancionan aos donos que teñen animais sen identificar no rural”, argumentou Valero.

COLABORACIÓN COA PROTECTORA

Actualmente a Protectora non ten capacidade para acoller a máis mascotas e esta saturación provoca pelexas entre os machos, o que complica a situación a día de hoxe. Por iso, a secretaria aproveitou para convidar os lucenses a colaborar coa asociación. Neste momento necesítanse casas de acollida con urxencia, ademais de adopcións e doazóns económicas, sinalaron. María Ángeles Valero anunciou que realizan unha campaña de recollida de fondos para castrar os animais da Protectora e evitar casos como o dos 12 cadelos recollidos a fin de semana.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...