InicioSociedadeComezan as obras do Centro Integral de Saúde no barrio lucense da...

Comezan as obras do Centro Integral de Saúde no barrio lucense da Residencia

O vello hospital materno-infantil de Lugo vai camiño de ser transformado. A empresa concesionaria inicia a construción do primeiro CIS de Galicia, qeu engloba un centro de saúde convencional, un Punto de Atención Continuada (PAC) para as urxencias, a área de Saúde Mental e a base do 061 na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.-  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as obras de construción do primeiro Centro Integral de Saúde (CIS) que funcionará en Galicia, concretamente no barrio da Residencia.

A empresa concesionaria comezou a colocar o perímetro de seguridade  para iniciar mañá mesmo -día 21 de febreiro- as obras no vello hospital materno-infantil, un edificio catalogado cuxo interior será completamente desmontado para adaptalo aos seus novos usos con Centro Integral de Saúde.

O CIS de Lugo será un edificio de máis de 8.000 metros cadrados distribuídos en seis plantas, no que haberá un centro de saúde convencional, un Punto de Atención Continuada (PAC) para as urxencias, a área de Saúde Mental e a base do 061 na cidade.

O proxecto conta cun orzamento de 11,4 millóns de euros e un prazo de execución de 20 meses.

PLAN PARA REVITALIZAR O BARRIO DA RESIDENCIA

Así mesmo, a Xunta de Galicia aclara que estas obras forman parte dun “ambicioso proxecto” do goberno galego para recuperar o barrio da Residencia e dar un uso público aos terreos que antes ocupaba todo o complexo do vello hospital Xeral.

O investimento total deste plan superará os 30 millóns de euros e inclúe a construción do CIS, a nova oficina de emprego de Lugo e unha residencia de anciáns con 120 prazas, xestionada pola Consellería de Política Social e financiada pola Fundación Amancio Ortega. Ademais, neste espazo tamén se asentará a sede da aceleradora de empresas aeronáuticas, vinculada ás instalacións do polo tecnolóxico de Rozas.

En total, aclara a Xunta de Galicia, máis de 21.000 metros cadrados de uso público, dedicados maioritariamente a servizos socio-sanitarios. EFE

ÚLTIMAS

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar...

A ausencia de tres deputados do PSdeG díscolos con Tomé fan que perda votacións no pleno provincial de Lugo

O PSdeG perdeu votacións no pleno da Deputación de Lugo celebrado na mañá deste...

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo a varios menores

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home, investigado por...

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...