InicioSociedadeA Xunta presume en Friol do auxe das explotacións de porco celta

A Xunta presume en Friol do auxe das explotacións de porco celta

O conselleiro de Medio Rural asegurou que se destinaron 760.000 euros á recuperación desta raza dende o ano 2010.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Medio Rural, José González, visitou esta mañá unha explotación de Friol vinculada á cría de porco celta. Alí, destacou o peso do sector porcino na comunidade galega e presumiu de que a Xunta destinou preto de 760.000 euros dende o 2010 ao programa de recuperación, conservación e fomento desta raza autóctona.

González insistiu nas vantaxes de explotacións como a de Friol, “máis viables economicamente” e que contribúen tanto a unha “mellor rendibilidade” da actividade gandeira como a un aproveitamento dos matos para a alimentación, de forma que actúa á súa vez no ámbito da prevención ante incendios forestais.

Para ler a información completa, podes ir ao Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...