InicioSociedadeMozos da Arxentina ou do Brasil visitan Lugo para 'conectar' coas raíces

Mozos da Arxentina ou do Brasil visitan Lugo para ‘conectar’ coas raíces

Un programa da Xunta pretende fortalecer as ligazóns entre a cultura galega e osrapaces descendentes dos "galegos do exterior"

PUBLICADA O

- Advertisement -

‘Conecta con Galicia’. Ese é o nome do programa da Xunta que procura facilitar o contacto entre a mocidade da Galicia exterior coas súas raíces. Uns cen rapaces procedentes da Arxentina, o Brasil ou o Uruguai coñecerán Lugo da man deste proxecto.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe os mozos que se aloxarán no albergue LUG II durante a primeira quenda deste programa. Máis adiante haberá un segundo grupo. En total, suman 99 mozas e mozos, dos que 67 son descendentes de galegos no exterior. 

Segundo a Xunta, ‘Conecta con Galicia’ pretende promover a participación da colectividade galega no exterior na vida cultural e social de Galicia a través de distintas actividades de tipo cultural, deportivo e de ocio, así como a convivencia coa mocidade galega.

Na primeira quenda, dividida en dous grupos distribuídos por idades, repartirán a  estancia entre Lugo e o albergue xuvenil de Gandarío (A Coruña). Poderán desfrutar así de dúas propostas. A primeira, ‘Cultura e camiño’, é a que se desenvolve en Lugo e serve para que coñezan o patrimonio histórico-cultural da zona. Ademais, tamén percorrerán distintas etapas do Camiño de Santiago. Na segunda, ‘O mar de Galicia‘, realizarán actividades de náutica, de recreo e coñecemento do medio mariño.

En concreto, entre os días 10 e 14 de xullo alóxanse no LUG II 56 rapaces de entre 14 e 17 anos. 33 deles son fillos, netos ou bisnetos de emigrantes galegos de diversos países de América; os outros 23 son de distintos puntos de Galicia. Igualmente, entre os días 5 e 9 de xullo estivo en Lugo o grupo de mozos e mozas maiores de 18 anos: 43 participantes en total, dos que 34 eran fillos, netos ou bisnetos de emigrantes galegos.

A Secretaría Xeral da Emigración financia os custos da viaxe e a Consellería de Política Social os da estancia e a participación na actividade. A actividade forma parte da Campaña de Verán 2019 da Xunta de Galicia, que ofrece na provincia de Lugo 2.235 prazas en campamentos e campos de voluntariado.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro denuncia a “compravenda vergoñenta” do goberno local de Lugo: “os veciños farán pagar ao PP”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que os veciños de...

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Localizan en Becerreá unha adolescente desparecida en Carlet (Valencia)

A Garda Civil localizou no municipio de Becerreá a unha menor de Carlet cuxa...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...