InicioLugo e contornaLugoPiden catro anos de cárcere para un lucense que estafou 127.000 euros...

Piden catro anos de cárcere para un lucense que estafou 127.000 euros a unha muller que coñeceu nunha web de contactos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio Público pide catro anos de cárcere para un veciño de Lugo que estafou 127.000 euros a unha muller á que coñeceu a través dunha web de contactos e á que enganou dicindo que necesitaba diñeiro para optar a poxas xudiciais. A Audiencia Provincial de Lugo celebra desde este mércores o xuízo.

Segundo a información do escrito de acusación, o home coñeceu á muller a través dunha web de contactos no ano 2013, cando ela se atopaba “nun baixo estado anímico tras o falecemento da súa nai e da súa parella sentimental”.

Tras lograr con ela unha “relación de confianza”, o home convenceu á vítima para que lle fixese diversas entregas de cantidades de diñeiro co suposto fin de adquirir varios inmobles en poxas xudiciais, que lle entregou en catro momentos entre 2013 e 2014.

Con todo, di o fiscal, “o acusado nunca chegou a realizar ningunha das operacións que lle comunicou” á muller, “apropiándose das cantidades entregadas”. Por iso, considérao culpable dun delito de estafa e pide para el catro anos de prisión e unha multa, así como á devolución dos 127.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...