InicioSen categorizarO Concello de Lugo requerido pola xunta electoral tras unha denuncia...

O Concello de Lugo requerido pola xunta electoral tras unha denuncia de Ciudadanos

A xunta electoral insta os responsables dos perfís públicos do Concello de Lugo a que “se absteñan en diante de publicar a través das redes sociais os logros obtidos, a execución de obras e calquera outra actuación que poña en cuestión a súa obrigatoria neutralidade”.

PUBLICADA O


A Xunta Electoral de Zona de Lugo emitiu unha resolución na que lle require ao Concello da capital lucense, por mor dunha denuncia presentada polo grupo de Ciudadanos, que “de maneira inmediata” cumpra “estritamente o disposto” na lei e manteña nas súas redes sociais “unha escrupulosa neutralidade durante o período electoral”.
De feito, nesa mesma resolución, a xunta electoral insta os responsables dos perfís públicos do Concello de Lugo que “se absteñan en diante de publicar a través das redes sociais os logros obtidos, a execución de obras e calquera outra actuación que poña en cuestión a súa obrigatoria neutralidade”.
Así mesmo, nesa mesma resolución, a xunta electoral require á Policía Local para “de maneira inmediata elabore un informe sobre os asistentes” á visita que supostamente realizaron membros do goberno local de Lugo e do Partido Socialista á peonalización da Praza da Milagrosa. Ciudadanos denunciou unha suposta inauguración “encuberta” das obras de peonalización da praza, polo que a xunta electoral tamén lle pide á Policía Local que informe sobre “o órgano convocante e organizador” do acto, “a presenza de medios de comunicación e por quen foi convocados”.
+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...