Home Sen categorizar Nova edición do “Festival dos Eidos” os días 29 e 30 de agosto apoiado pola Vicepresidencia da Deputación

Nova edición do “Festival dos Eidos” os días 29 e 30 de agosto apoiado pola Vicepresidencia da Deputación

0
Nova edición do “Festival dos Eidos” os días 29 e 30 de agosto apoiado pola Vicepresidencia da Deputación

Este mediodía presentouse no Pazo de San Marcos o festival dos Eidos, promovido pola Fundación Uxío Novoneyra. A casa natal do poeta, en Parada do Courel, acollerá os días 29 e 30 de agosto este encontro cultural arredor da traxectoria vital e literaria de Uxío Novoneyra e, particularmente, do poemario Os Eidos.

A deputada de Cultura Iria Castro e a presidenta da Fundación Branca Novoneyra presentaron a programación, que inclúe recitais de poesía , conversas, música ou unha ruta guiada pola memoria democrática de Parada do Courel.

Iria Castro destacou que “o Festival dos Eidos amplifica a labor de divulgación e estudo da obra de Uxío Novoneyra que a Fundación fai todo o ano” e valorou “a contribución da entidade á dinamización cultural e social do Courel e á proxección da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura máis aló das nosas fronteiras, a través de programas e intercambios con outros países europeos”.

REDE MUSEÍSTICA

A Rede Museística Provincial de Lugo abre a inscrición para a xornada “O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museos”, que terá lugar o mércores 30 de setembro de 2026, de 11.00 a 18.30 horas, no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos.

A xornada, dirixida especialmente a profesionais de museos e espazos culturais das áreas de educación, mediación, programas públicos e xestión cultural, está concebida como un espazo participativo no que as persoas participantes disporán de recursos narrativos, performativos e de escoita activa para poñer en común prácticas, dúbidas, tensións e aprendizaxes do traballo cultural contemporáneo.

Dirixida por Leonardo Casado, a sesión desenvolverase a través de catro bloques de reflexión–acción participativa: «Unha palabra trouxome ata aquí», «De verbos e prácticas», «Museo das palabras feridas» e «Glosario situado». O encontro culminará precisamente coa construción colectiva dese glosario, co propósito de crear novos significados compartidos que poidan servir como referencias vivas para o traballo museístico e cultural situado.

A participación é gratuíta ata completar aforo e o número de prazas é limitado, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes a través do formulario dispoñible na web https://comunidadermpl.gal/

 

 

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here