InicioSociedadeLugo continúa coa tendencia á estabilización ao sumar só tres casos activos...

Lugo continúa coa tendencia á estabilización ao sumar só tres casos activos máis

O número total de positivos ascende a 566 e a provincia suma quince altas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense practicamente estable con respecto ao pasado martes, segundo a estatística oficial ofrecida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A Consellería de Sanidade contabiliza 566 positivos, tres máis ca o día 7. Ademais, segue a baixar a presión nos hospitais tras sumar quince altas.

Do total de casos activos, quince permanecen na UCI (os mesmos ca onte), 55 en hospitalización (-10) e os outros 496 no seu domicilio (+13).

O número de persoas falecidas mantense en 16, sen ningún pasamento no último día.

GALICIA

A nivel autonómico, o número de positivos en Galicia ascende a 5.460, 25 máis ca os rexistrados onte. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos.

ÚLTIMAS

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...

Nova protesta de agricultores este xoves en Lugo contra o acordo con Mercosur

Sete días despois de que os tractores concentrados na cidade de Lugo contra o...

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...