O Comité Provincial Extraordinario do PSdeG-PSOE de Lugo aprobou este pasado mércores as candidaturas da provincia ao Congreso dos Deputados e ao Senado propostas pola Comisión Xestora. A sesión celebrouse no Hotel Torre de Núñez, tras a reunión da Xestora na que se acordaron as listas que se someteron á consideración do órgano provincial.
A candidatura ao Congreso dos Deputados está encabezada por Patricia Otero Rodríguez, seguida de Jorge Bustos Atanasio, Eva Blanco López e Ismael Carcedo Gómez. No caso do Senado, César Mogo Zaro figura como primeiro titular, seguido de Ana M. González Abelleira e Roberto Castro González.
Con este acordo as candidaturas completan o trámite provincial. As listas pasarán agora á Comisión Executiva Galega e, posteriormente, á Comisión Federal de Listas, que emitirán os seus respectivos informes. A aprobación definitiva corresponderá ao Comité Federal do PSOE, que se reunirá o vindeiro sábado 17 de outubro.
As candidaturas propostas pola Comisión Xestora e aprobadas polo Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo:
Candidatura ao Congreso dos Deputados
- Patricia Otero Rodríguez
- Jorge Bustos Atanasio
- Eva Blanco López
- Ismael Carcedo Gómez
Candidatura ao Senado
- César Mogo Zaro
- Ana M. González Abelleira
- Roberto Castro González