InicioPOLITICAO PP denuncia que Lugo sexa "a única provincia sen posto principal...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, denuncian que Lugo sexa “a única provincia de España sen posto principal da Garda Civil“, o que tachan de “unha discriminación máis” á provincia.

Nunha nota de prensa, os populares detallaron que rexistraron formalmente preguntas dirixidas ao Goberno central para esixirlle explicacións por escrito. Así, lamentaron que Lugo constitúe “unha anomalía” na organización territorial do Instituto Armado ao ser “a única provincia española” que carece dunha unidade destas características “a pesar da súa extensión, dispersión xeográfica, envellecemento da poboación e elevada demanda de servizos no medio rural”.

Por este motivo, os representantes do PP lucense no Senado demandaron ao Ministerio do Interior que explique por que mantén esta situación e se previu corrixila coa creación dun posto principal “que permita reforzar a seguridade cidadá e mellorar a prestación do servizo no conxunto da provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...

Un home enfróntase a máis de 18 anos de cárcere por malos tratos, ameazas e agresión sexual á súa parella

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves o xuízo contra un home...

A Xunta estrea no Caudal Fest unha guía para reducir o impacto ambiental dos eventos

O Caudal Fest de Lugo serviu este venres como punto de partida para a...