InicioLugo e contornaLugoLicitadas 168 vivendas públicas na parcela de Garabolos, Lugo

Licitadas 168 vivendas públicas na parcela de Garabolos, Lugo

As plantas altas están destinadas a vivendas, cunha planta tipo repetida entre as plantas primeira e sétima

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou a licitación do contrato de execución das obras de construción de 168 vivendas de promoción pública en Lugo, concretamente na parcela A de Garabolos.

Así o anunciou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na comparecencia de prensa posterior á celebración do Consello, o primeiro tras o parón estival.

O importe de licitación do contrato será de 29.659.063,25 euros. A parcela onde se situarán as vivendas de promoción pública (VPP) ten unha superficie aproximada de 3.336,00 metros cadrados e a edificación proxectada ten unha superficie construída total de 25.443,44 metros cadrados.

O edificio proxectado consta de dúas plantas de soto destinadas a garaxes, trasteiros e locais de instalacións. O acceso a ambos os niveis prodúcese aproveitando o desnivel natural da parcela, de modo que o acceso ao soto -1 é desde a fachada este, mentres que a do soto -2 resólvese na fachada norte.

En planta baixa, concibida como un espazo de relación comunitaria cun soportal aberto á rúa, hai tres portais de acceso e locais de instalacións, cuartos de limpeza, espazos de reserva para residuos e outros auxiliares. Ademais, estarán os núcleos de escaleiras de acceso aos sotos.

As plantas altas están destinadas a vivendas, cunha planta tipo repetida entre as plantas primeira e sétima. Cada portal dá acceso a oito vivendas por planta, cun total de 24 vivendas por piso, ao redor dun corredor central que comunica o tres núcleos verticais. Do total de 168 vivendas, sete están adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...