InicioPolíticaO PP pide máis investimento ferroviario en Lugo "ante a acumulación de...

O PP pide máis investimento ferroviario en Lugo “ante a acumulación de incidencias”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, pediron ao Goberno que reforce o mantemento ferroviario en Lugo ante a “acumulación de incidencias”. Así, rexistraron unha batería de iniciativas na Cámara Alta para coñecer se o Ministerio de Transportes ten previsto reforzar os labores de inspección, conservación e mantemento da infraestrutura ferroviaria lucense, “ante a sucesión de incidencias e avarías e os consecuentes prexuízos para os pasaxeiros”, sinalan.

Os populares pon como último exemplo o ocorrido o pasado 12 de agosto nun túnel ferroviario da Pobra do Brollón, onde un tren de viaxeiros sufriu unha incidencia ao engancharse o seu pantógrafo con material existente na infraestrutura. O incidente obrigou a transbordar aos pasaxeiros e requiriu a intervención de persoal de mantemento de Adif. Para Barreiro, Balseiro e Serrano, non se trata dun episodio illado. O pasado mes de febreiro, outro tren quedou detido entre Montefurado e San Clodio despois de rexistrarse unha incidencia entre o pantógrafo e a catenaria, o que obrigou a evacuar a 19 viaxeiros.

Ante isto, os senadores lucenses reclaman ao Goberno que detalle que labores de inspección, conservación e mantemento preventivo leva a cabo Adif nos túneles e no conxunto da infraestrutura ferroviaria da provincia. En concreto, queren coñecer os controis que se realizan sobre os revestimentos, as impermeabilizacións, as catenarias, os gálibos e outros elementos que poidan interferir co pantógrafo dos trens.

O PP tamén pregunta con que periodicidade levan a cabo estas inspeccións, que actuacións concretas executáronse durante 2025 e 2026 e se o Ministerio de Transportes contempla reforzar estes traballos á vista das incidencias rexistradas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...