InicioPolíticaA Vicepresidencia da Deputación empraza a Concello, Xunta e CSD a unha...

A Vicepresidencia da Deputación empraza a Concello, Xunta e CSD a unha reunión sobre a ampliación do Pazo dos Deportes

Efrén Castro sinalou que “o obxectivo da reunión é concretar a disposición de Concello, Xunta e CSD a colaborar no financiamento da ampliación do Pazo”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo convocou ao Concello de Lugo, á Xunta de Galicia e ao Consello Superior de Deportes a unha reunión sobre a ampliación do Pazo dos Deportes o vindeiro 3 de setembro. O vicepresidente Efrén Castro remitiu esta mañá  un escrito en que convida a representantes das tres institucións a unha xuntanza para concretar a súa valoración do estudo que recibron o pasado 9 de xuño.

O informe, presentado tamén publicamente, contempla a creación dunha nova estrutura perimetral no exterior do edificio, a altura da terceira planta, que permitiría habilitar novos corredores de distribución e ocupar os actuais con gradas fixas para ampliar en 1000 prazas a capacidade do recinto.

Efrén Castro sinalou que “o obxectivo da reunión é concretar a disposición de Concello, Xunta e CSD a colaborar no financiamento da ampliación do Pazo”. “Como administración titular, asumimos a responsabilidade de liderar a busca de solucións técnicas para unha reforma que aumente a capacidade da instalación, pero executar un proxecto desas características require apoio económico doutras administracións”

Traballos de reforma do palco

No Pazo comezaron esta semana os traballos de reforma do palco, que permitirán habilitar 116 novos asentos para público xeral. A intervención, que conta cun orzamento de 47.000 euros, consiste en retirar para da estrutura instalada no seu momento sobre a grada para ampliar a zona de autoridades e reconfigurar o espazo. A redistribución do espazo permitirá crear novas prazas dispoñibles para o público de cara ao inicio de temporada.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo segue avanzando así na modernización e actualización dunha instalación chave para o baloncesto lucense, na que se realizaron diferentes intervencións nos últimos anos como a renovación dos asentos do anel inferior e da iluminación, melloras de accesibilidade no exterior do edificio, traballos de pulido, vernizado e pintado da pista, limpeza integral da fachada, instalación de varandas nas escaleiras de acceso ou a impermeabilizacion da cuberta e a instalación do videomarcador.

As actuacións no Pazo súmanse intervencións no Anexo como a renovación do parqué da pista e a construción de novos vestiarios para os usuarios e usuarias desta instalación, que supuxeron un investimento conxunto arredor dos 2 M€.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...