InicioSucesosA busca da moza desaparecida en Lugo reorientarase este venres á zona...

A busca da moza desaparecida en Lugo reorientarase este venres á zona da Cheda tras descartar zonas exploradas

A operación de procura está a ser coordinada pola Policía Nacional coa colaboración dos familiares da desaparecida e de distintos medios especializados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A procura de Carmen L. R., a moza de 24 anos desaparecida a semana pasada en Lugo, reorientarase este venres á zona da Cheda, onde a Policía Nacional seguirá buscando a pé xunto á colaboración de Protección Civil, o Concello e cidadáns voluntarios. A principal hipótese barallada continúa sendo a de desaparición voluntaria.

Segundo explicaron fontes policiais, dan por finalizadas as tarefas de procura na contorna do río Miño, onde centraron o rastrexo o pasado fin de semana, e no monte Segade, por onde continuaron nos últimos días. Estes eran lugares coñecidos para a desaparecida. Con todo, ningún deles arroxou indicios sobre o seu paradoiro.

Deste xeito, este venres arrinca unha nova procura na contorna da Cheda, con saída desde o Hostal San Lázaro. Neste caso, os labores realizaranse a pé e non contarán con ningunha das unidades especializadas. Iso si, a Policía Nacional prevé incorporar á Unidade de Cabalaría de face ao sábado.

Os axentes manteñen a desaparición voluntaria como principal hipótese. Isto débese a que o día anterior a que desaparecese, o luns 20 de xullo, xa fixo un “simulacro de desaparición”, aínda que entón foi achada polos axentes e posta a disposición dos seus familiares. A operación de procura está a ser coordinada pola Policía Nacional coa colaboración dos familiares da desaparecida e de distintos medios especializados.

DESCRICIÓN DA DESAPARECIDA

A alerta foi difundida pola asociación SOS Desaparecidos, que cualificou o caso como de alta vulnerabilidade. A nova, de 24 anos, mide aproximadamente 1,65 metros, é de complexión delgada, ten o pelo moreno e os ollos azuis. No momento da súa desaparición vestía o uniforme de traballo de Carrefour.

A familia presentou a denuncia tras perder o contacto con ela e a Policía Nacional iniciou de inmediato o dispositivo de procura. Carmen foi vista por última vez no barrio da Milagrosa.

As forzas de seguridade manteñen aberta a investigación e lembran que calquera información que poida contribuír a localizar á moza debe comunicarse de inmediato á Policía Nacional, a Garda Civil ou aos servizos de emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...